MORREU O ELEFANTE BLANCO

Morreu o xeral Armada, o chamado 'Elefante Blanco'. Nunca o neguou nin tampouco nunca dixo que fora el, o tal persoaxe no golpe do 23-F do ano 1981 .Persoa moi achegada o rey Juan Carlos, foi instructor-formador e incluso amigo, quixo aproveitar esa amizade para 'salvar' ó país. Outro Salvador. Aínda estábamos a sair dun salvador, e xa viña outro. A cousa non funcionou, mais non foi ninguha broma.
Fai dous anos e medio estiven con el no seu pazo de Rivadulla, donde padecía cancro e coidaba o seu xardín sin o menor arrepentimento. A min persoalmente, que me tocou vivir ise momento en primeira línea política, chámanme a atención dúas cousas: a primeira, que cando foi indultado ós seis anos de cárcel dos 30 que fora condeado, ninguén protestou, nin cidadáns nin medios de comunicación. Onde estaban todos esos que agora protestan, non por indultos, senón por cumplir as leises? A segunda é aínda máis interesante: nunha entrevista nos últimos anos da súa vida contestaba a unha pregunta que unha parte dos obxectivos do golpe do 23-F se conseguiran. E foi verdade: acabou con Suárez, ca UCD, e ca dereita liberal e centrista, que é a cousa que máis odian as xentes da extrema dereita, ainda máis que as xentes de esquerdas, que xa é decir.

Te puede interesar
Más en Cartas al director