a motobomba de rairiz, unha máis

O señor alcalde contestou a miña carta raudo e veloz. Pero o asunto da motobomba era unha máis das cousas mal feitas que no meu escrito eu enumeraba. Neglixencia pola súa parte, que sendo membro xestor da Reserva da Biosfera, experto en lumes, e en plena voráxine incendiaria, organizou penosa e deficientemente coas súas motobombas un equipo (aínda que fose de voluntarios) pésimamente preparado para comb ater as labaradas que xurdiran nos espazos naturais protexidos pola Reserva da Biosfera, da que o señor Ambrosio é xestor.
Deixando á parte as descalificacións dirixidas a min, este señor non entra no fondo da cuestión e se limita a xustificar a súa actuación e a atacarme alegando necedades como que se eu non vivo no Concello, que se son un veciño falso ou deixo de selo, a pesar de ter alí casa propia, e que se son un mentiroso, pois eu non fun apagar o lume. Pero o Ambrosio si sabe que a Reserva da Biosfera é un tesouro delicado que debe ter un tratamento especial. Ambrosio ten que facer o posible por enmendar no futuro as súas carencias organizativas e aproveitar con efectividade o material de que dispón.

Ambrosio debe deixar de atacar para defenderse, e tomar prontamente as medidas necesarias para salvagardar, como xestor que é, os valores das veigas, zona núcleo da Reserva da Biosfera.

Engadir por último que eu si estiven na Saínza na tarde daquel domingo nefasto, apagando lume perto da depuradora, e si me viron varios veciños auténticos que viven alí todo o ano.

Te puede interesar
Más en Cartas al director