A NANA DO GIN-TONIC

Cando caía a noite na avenida na que nunca sae o sol, sempre saía da súa casa a tomar un gin-tonic no mesmo bar.
Gustáballe ese bar porque soaba In a secret life de Leonard Cohen. Pero na ultima noite, non soaba a canción e por iso sacou do seu peto o libro O sorriso do xaguar de Salman Rushdie e o seus ollos cansos leron 'Galbraith dixo que antes os norteamericanos ricos querían ocupar cargos públicos. Agora os homes con cargos públicos buscan o diñeiro. Prefiro o de antes'. A dubida comezou a percorrer o seu corpo e o sol segue sen sair na avenida na que nunca sae o sol.

Te puede interesar
Más en Cartas al director