Neglixencia da alcaldía de San Xoán de Río

Quero denunciar a neglixencia ou mais ben pasividade dolosa de alcaldía de San Xoán de Río ó non atender a denuncia que se lle fixo saber sobor da existencia no pobo dunha cadela abandoada a punto de parir.
A Ley de protección de animáis domésticos e salvaxes en cautividade de abril de 1993 vixente, imponlle a obriga de procurarlle acollida en algún dos centros que se adican a iso na provincia (como o de Vilar de Astrés). E tan fácil como asumir o escaso gasto que a recollida pode supor con cargo os presupostos municipais. Só é unha cuestuión de vontade e sensibilidade, amén de que as leis están para cumprilas ¿ou non? O teléfono do centro de acollida devandito (que ten acordos con varios concellos da provincia) é o que aparece na páxina web de Progape: 988212939, carretera de Eiroás, en Ourense. Que os concellos e mais a Diputación teñan este tema aparcado, cando non iñorado, é tema que non ten cabida nesta carta.

Te puede interesar
Más en Cartas al director