¡Nin 'Hallowen', nin 'Samain'!


¡Nin ‘Hallowen’, nin ‘Samain’! Nin nos fan falta, verbas de importación nin festas idem. Tanto no español como no galego sóbrannos palabras para expresarnos e coñecer o seu significado.

O primeiro de novembro, desde sempre, é, e será o ‘Día de Todos os Santos’ e, o 2 ‘Día de Difuntos’. ¡Xa cheira tanto snobismo trasnoitado.

Coido que non é unha festa para que os nosos nenos celebren. Queremos nenos alegres, creativos. Sobran iniciativas e manualidades, que despertan o seu maxín sen macabrismos.

En ‘Todos os Santos’, inda queda en moitos sitios o costume dos magostos. Festa alegre, lume, fume, viño novo, cánticos, saltos, tiznes, alegría, xuntanzas.

E no noso Ourense, no Ourense de sempre o día 11 celebramos o San Martiño, patrono da cidade e da Diócese. Este noso ‘Santiño’, sí lle pode ensinar moito a grandes e pequenos. Compartir, tan importante como é o saber repartir o que temos, cos demáis; inda que non sexa a ‘capa’, a xenerosidade, valores tan esquecidos, hoxe en día. Magostos no Montealegre, cando era monte, e nos cumios da cidade, agora mais cidadán, menos enxebre, menos ceibe, pero convivente e compartitivo, alegre.

Chegamos as festas que temos nos, sin traer refugallos doutros países...

¡Vaiche boa! os meus amigos, da miña aldea, maís eu, xa faciamos as caras nas cabazas, ou nas remolachas, vaciabamolas, faciamoslle a cara, e cos papeis bermellos, dos caramelos, puñabamolos nos ollos, no nariz e na boca, e metiamoslle dentro unha candilexa e situabamos as carautas, no alto dun rebolo, ou nun sitio medroco, para asustar a xente. ¡A boas horas, a reivindicación da pólvora! Creatividade, sen ánimas, nin Santa Compaña, nin, por suposto Hallowen.

Pobriños, como choraban moitos neniños, escagalladiños de medo, con tanta cousa horripilosa, a escuras, ¡coitadiños!, ¡sentidiño! Tanto esperpento, pra espaventar a crise? Haina, ¿e ula? ¡Sentidiño e bo gosto! ‘Oh, feliz mes que empeza por Todos os Santos, e acaba por San Andrés’.

Te puede interesar
Más en Cartas al director