Non somos un problema, senón parte da solución

Nos últimos tres meses hai en España 400.000 novos parados.
Isto engadido a suba da carestía da vida, a redución de salarios e o incremento dos impostos, fai que o día a día sexa tremendamente dramático para moitas familias. Ante esta situación, o mantenemento e fortalecemento dos servicios públicos básicos, como a educación, non soamente é necesario, se non imprescindible para manter a igualdade de oportunidades. As medidas tomadas nas últimas semanas polo Goberno de Rajoy, como a redución dun 11.6% das becas e axudas a estudos, dun 41.4% as Erasmus, o incremento do ratio de alumnos por aula a 30 alumnos en Primaria, 36 en Secundaria e 42 en Bacharelato, a suba das taxas universitarias, o atraso na posta en marcha de ciclos de formación profesional, a non substitución das baixas do profesorado…van xustamente no sentido contrario. Non soamente supoñen un grave ataque e debilitan o ensino público e aos seus profesionais, se non que abren aínda máis a brecha da desigualdade reducindo a mobilidade social, fomentando unha Universidade elitista e segregadora e limitando o dereito a educación da clase traballadora.

Parece que o Goberno se puxo como obxectivo truncar os sonos e ilusións dos cidadáns, pero non de todos, soamente daqueles que menos teñen, xa que mentres asistimos ao deterioro do noso ensino público, presenciamos como se incrementan os concertos con centros privados, o 80 % dos cales pertence ao clero. Así pois o PP, no que á educación se refire, non soamente practica o amiguismo político-empresarial, se non que segue leal ao seu socio ideolóxico, a Igrexa.

O 22 de Maio, alumnos e profesores están chamados a unha folga que é a de todos aqueles que cremos nunha educación pública de calidade . Un ensino que favoreza a competitividade e innovación do noso país e que permita a cada persoa desenrolar plenamente as súas capacidades. Unha educación pública que nos permita seguir atopándonos cada día con profesionais que chegaron a selo con independencia de cal sexa a súa orixe ou estamento social. Xa que, aínda que algúns se empeñen en decirnos o contrario, os cidadáns non somos un problema, senón parte da solución.

Te puede interesar
Más en Cartas al director