Obras en Ourense; riscos de accidente

Ourense está en obras! Por se alguén non caera na conta desa “señalización-propaganda” que nos atrapa en cada rúa. Pregúntome se o “noso” alcalde -ou era alcaide?- será capaz de ter tódalas rúas da cidade levantadas ao mesmo tempo. Pode ser, que diaños! Sería algo orixinal e atraería turistas. Aí o deixo. Pero se se lle ocorre, que teña en conta os cambios na señalización do tráfico. A confluencia entre rúa Ribeira de Canedo coa av. de Marín precisa dunha sinal de STOP urxentemente. Esa glorieta non está diseñada para que se incorporen vehículos dende a Ribeira de Canedo. Aínda estamos a tempo de previr algún accidente.

Te puede interesar
Más en Cartas al director