ORGULLOso DE SER GALEGO

Creo lembrar que cando cheguei a Madrid hai máis de 40 anos, cando era un rapaz, preocupábame a miña forma de falar.
Dicía: ola, que tal, como estás...enseguida o meu oínte me dicía 'galego'. Ao principio, como me parecía entender que o que me dicían non era moi positivo, intentaba mellorar o meu acento. Quizais porque nunca fun capaz de asimilalo, ou por outras razóns, non me foi posible melloralo. Aínda hoxe cando falo aquí en Madrid dinme galego. Agora, despois de 40 anos, non só paréceme un piropo, senón que ademáis o reveindico dende o respecto que eu sinto polos madrileños, andaluces, estremeños, cataláns, vascos, canarios, etcétera.

Botar de menos, despois de 40 anos na Casa de Galicia en Madrid, o meu acento, o meu idioma, e o que iso significa para os galegos que estamos fóra do noso país, fíxome pensar, que me perdoen os madrileños, que nada avanzaramos na convivencia, na pluralidade e no respecto ao que, sen facernos diferentes, nos fai parte integrante dunha España diversa.

Qué pensarían os madrileños na Casa de Madrid en Galicia, se este rapaz, que xa medrou, lles falase en galego dirixíndose a unha determinada asociación de madrileños? Seguro que botarían de menos o seu acento, Chueca, Sol...

Síntome enfadado, triste e ademáis culpable por non ter sido capaz en todos eses anos de axudar a que uns cantos galegos que como el viven en Madrid e comparten espazo e idioma cos madrileños, boten en falta na Casa de Galicia a súa lingua, parte inseparable da súa identidade cultural.

Te puede interesar
Más en Cartas al director