'Ourense no solpor', de Manuel de Dios

'Ourense no solpor' é unha canción que Manuel de Dios, con música e letra da súa autoría, compuxo como posible himno de Ourense. A súa música ten un ritmo procesional, cunha tonalidade accesible ó publico en xeral e cunha melodía doada de aprender e de cantar. A letra, adaptación á música dunha das súas poesías, é totalmente apolítica e nela o autor-poeta, a carón do río Miño, vai urdindo a cantiga da saudade no atardecer da nosa cidade, a que identifica coa patria do corazón. Dice así:
'Na ribeira do Miño que acariña / meu fogar, miña xente, meu amor, / vou tecendo a cantiga de saudade, / cando Ourense esmorece no solpor.

Ourense, gracia dun soño en flor; / Ourense, brétema que doura o sol; / Ourense, gloria dun ben mellor; / Ourense, patria do corazón'. (bis)

A canción que, como se pode ver, reborda ourensanismo, será interpretada conxuntamente, por primeira vez, pola Banda de Música Municipal e polo grupo 'Vellos Amigos' de Manuel de Dios, no concerto que terá lugar, no Liceo, o próximo domingo, 10 de marzo, ás 12,00 horas.

Te puede interesar
Más en Cartas al director