parabéns ao c.f. loureiro

Rematada a tempada futbolística na Terceira Rexional, quero darlle os meus parabéns máis sinceiros o meu clube, C.F.Loureiro.
A pesares das poucas axudas recibidas, 'estamos en crise', o clube unha vez máis tirou cara adiante, co traballo inesquecibel da súa directiva e comandado por un presi de nome Santi, o equipo deu novamente mostras de querer seguir no fútbol provincial, e os afeizoados estamos máis que orgullosos do noso clube e da xente que o compón. Eu, dende aquí, quero mostrar todo o meu apoio á directiva que todo o ano loitou máis do que podía para que esto poidese seguir e fose posibel non so rematar a tempada, senón tamén facelo no medio da táboa, posto no que nas primeiras xornadas ninguén se atrevía a pensar.

Dar o meu apoio a todos e dicirlle o 'presi' que non se vaia, sei que está canso, que non é doado o traballo, que as axudas son moi poucas e que está a pensar en deixalo, eu prégolle por favor que non o faga, se el se vai, que será do equipo? Nin podo nin quero pensar na súa desaparición, leva moitos anos loitando contra xigantes e agora non pode rematar así. Todos e cada un dos directivos e xogadores merecían un monumento pola laboura feita.

Os parabens son a todos porque todos o merecen e moi en especial a esa xente que non sendo da zona, e alguns nin españois, se amosaron dispostos a botar unha man e xogar para nós. Un máis que merecido homenaxe tamén o autor da meirande parte dos goles do equipo, o grande Elvis, ou como eu lle chamo 'Messi da Ribeira Sacra', él foi a parte goleadora máis importante e con el outros máis; o camiño está feito, agora so queda andalo e se pode ser xuntos moito mellor.

Nada máis podo dicir que ¡adiante!, e ademáis vou facer un par de propostas: un lema 'Sempre contigo e nunca sen ti', e outro, que o terreo de xogo do Mirador nos papeis oficiais da Federación leve o nome de Doutor Delio Gómez.

Te puede interesar
Más en Cartas al director