en parada de sil tamén hai incendios

Nestes días observo con certo estupor que, nin este xornal nin outros medios de comunicación habituais, mencionaban o concello de Parada de Sil entre os afectados polos graves incendios que viñeron asolando a provincia de Ourense. Só o pasado mercores puden ver na prensa as fotos do noso alcalde, señor Magide, nas que lle mostraba ó señor Pachi Vázquez, dende a Cabeza da Meda, a superficie asolada polas lapas. Lástima que non se acercasen ó lugar de As Paradellas, alí próximo, para que visen de cerca a desoladora paisaxe, negra e botando fume, que ahora nos rodea.
Tal vez lle falase da escaseza de medios -que, ademáis, chegaban e marchaban deseguida- e lle dixese que o luns os veciños de As Pardellas foron persoalmente o Concello e chamaron por teléfono, pedindo con angustia, que lle mandase medios aéreos e de todo tipo, e incluso que viñesen a conectar unha das mangueiras contraincendios que leva meses sen conexión á rede de suministro de auga. Sólo era posible conectar co teniente de alcalde, que atendeu amablemente as insistentes chamadas e fixo acto de presencia en diversos momentos do terrible fin de semana que nos tocou vivir. ¡Gracias, Manolo!

Os veciños de As Paradellas estivemos en vela dende o domingo pola tarde ata a madrugada do martes, intentando controlar o lume que, literalmente, nos rodeaba, sin máis dispositivos que unhas ramas e unhos caldeiros de auga, pero con moita, moita indignación pola falta de medios e pola soidade. ¡Cómo nos tería axudado unha motobomba para regar, ou un tractor do Concello para facer algo de terra! A 'bulldózer' da Xunta, que ó parecer veu desde Sarria, foi un gasto totalmente inútil xa que marchou na mediodía do luns, a pesares da insistencia dos veciños para que cercasen a zona queimada e así evitar o lume que, unha hora máis tarde, se propagou de forma implacable polas carballeiras que aínda quedaban, e se acercou peligrosamente ás vivendas.

Na paisaxe irrecoñecible que ahora temos non ha lugar, por algún tempo, a novos incendios, xa que non queda nada que queimar. Namentras pedimos que as autoridades se apliquen na consecución e utilización dos medios de prevención posibles, na mellora dos medios de extinción coordinando axeitadamente a súa actuación, e que se sumen esforzos para que os pirómanos causantes de tanto desastre sexan detidos e castigados como se merecen. Seguro que máis de un intentará de novo provocar días de pánico como o luns 17 de outubro nas Parcellas tardaremos en olvidar.

Te puede interesar
Más en Cartas al director