o peche na biblioteca

Despois de ver o que sucedeu o mércores pola noite na biblioteca pública de Ourense é para sentarnos a pensar. Non creo que sexa o máis lóxico que mozos aínda en idade de estudar nun instituto de secundaria se encerren como fixeron.
Eu estiven pola tarde e vin cos meus propios ollos como dunha forma bastante discreta e disimulada se dispuñan para quedar. A eso das once da noite entereime do que realmente pasaba e decidín acudir para comprobalo.

O que vin encheume de tristura, os traballadores da biblioteca, sete policías á entrada, un par de membros do servizo de seguridade privada e un reporteiro gráfico independente e apenas tres transeuntes, entre eles eu.

Non sei que manifestaban eses supostos revolucionarios, excepto mostrar unha bandeira galega cunha estrela vermella -á cal esqueceron cando os botaron- e a súa vontade de permanecer esa noite no edificio coa súa negativa a abandonalo: nen unha pancarta, nen proclamas, nen labor informativa, apenas nada, aparte dunha acción bastante coraxuda.

Non quero criticalos, xa que admiro o seu valor, pero á súa tenra idade, o seu modo de comportarse, e a forma en que levaban a súa loita deixa bastante que desexar. Na miña opinión non eran dignos da súa causa, sexa cal sexa, dado que non o explicaron sequera ós poucos que tivemos a referencia de achegarnos a participar dalgunha maneira na súa protesta.

Creo que é mandar nenos a facer un traballo de homes, e mentres eles mesmos non tomen en serio a súa causa e comportarse como nenos aburridos de familias ricas que toman esas accións como un pasatempo no que liberar adrenalina, non empezarán a ser merecentes de calquera apoio por discreto que sexa, xa que se queres facer algo para cambiar o teu mundo para ben compre facer algo máis que ser un neno malo e chamar fascistas a uns cantos policias que cumpren co seu deber e as veces de boa gana os apoiarían.

Te puede interesar
Más en Cartas al director