Pepe Cuíña

Cando a dor se sublima/ naqueles que a nobreza/ da súa ialma atesouran/ o preciado don ’da vida’./ Esa dor ¡mata!... De qué serve gañar/ o fiel e leal compañeiro/ afundindo en fonda melancolía/ só co ánimo de facer mal?... Tantos esforzos e servicios dedicados a Galicia/ para con calumnias e escuras tramas derrubado. Él que pola súa Terra traballadou en vida/ foi arrincado pola Morte inesperada/ cando aínda tiña tanto que facer. ¡Qué curto é o tempo de máis longa vida!/ e a xuventude nela que fuxe sin vivila.../
A lei inimplorable pesa/ a hora violenta doe/ namentres inexorable o Tempo/ racha o ritmo/ do constante Carreiro da súa vida.../ Xa as horas na súa leira de Filgueira/ non pasan ¡paráronse! Él do tempo, que non se detén/ é xa seu eterno prisioneiro/ para dar paso a esa outra historia:/ a do Tempo do que Ti/ xa serás sempre ¡meu Amigo! No feito no que/ melancolía e mágoa/ pola dor infringido/ decotou a túa vida/ levándote a esa soedade/ tra-la lousa que a túa faciana cubre/ na compañía dos que ¡sempre!/ te quixeron ¡meu amigo!/ ¡Meu grande Amigo!.../ dóesme porque non te teño/ e non te esquezo/ porque o teu legado atópase vivo!...

Descansa pois, na paz, amigo Pepe/ na túa Terra Sempre ¡Galicia Nai e Señora!

Te puede interesar
Más en Cartas al director