UNHA PROPOSTA INDECENTE

Eu non posúo accións en bancos, e nin siquera preferentes nunha caixa, que poideran convertir en cartos algún tataraneto, se chego a telo. Por non ter, non teño unha cartilla de aforro que que me faga levadeira a penuria da xubilación que me agarda. Tiven a ocurrencia de invertir, coma dicía o meu paisano Agustín da Sireina, na financiera callejera. A calderilla sobrante foi para mercar libros, hoxe unha moda en desuso, e un pouco máis nun despacho infestado de telarañas, e abafado polas débedas.
E istas, que fan do meu pasivo unha rutilante estrela, son as que me obrigan a facerlle ás administracións públicas unha proposta moi seria. E fágoa cunha expresión da Pastora a tendeira, 'digolles de corazón', que convirtan as miñas débedas tributarias en participacións no meu despacho. Ofrézolles unha sociedade na que a maioría do capital quedaría en máns públicas, sendo a miña parte alícuota meramente simbólica. E logo xa se sabe, a privatizar. E se a oferta individual de privatización non é atraínte, poderíase facelo conxuntamente coa privatización de Bankia, u outra entidade financieira que sexa obxeto de saneamento. Pola miña parte, non quero indemnización algunha por un merecido cese. Eu cunha xubilación de autónomo sen cargas, daríame por satisfeito. Animo aos destinatarios da miña proposta a dirixirse na procura dun dictamen do Consejo Consultivo de Privatizaciones, que volve a presidir Luis Gamir, que impulsara no seu tempo as privatizacións de Telefónica, Gas Natural, Endesa, entre outras.

Xa pra rematar, apelo a experiencia en quebras do ministro da cousa, a paisanaxe do conselleiro, e a veciñanza do alcalde, a quenes dirixo respetuosamente ista proposta, que pode aparentar ser indecente.

Te puede interesar
Más en Cartas al director