'rEFORMAS' NA ATENCIÓN A MINUSVÁLIDOS PSÍQUICOS

Semella que no conxunto de medidas propostas niso que eufemísticamente chaman 'reformas' entra, tamén, a reducción dos días de lecer que gozan os coidadores/as dos centros que atenden aos minusválidos psíquicos.
Teño un fillo destas características internado nun destes centros. Pasa conmigo só as fins de semana, e cando marcha cómprenme dous días para recupera-las forzas. Pódese argumentar que as persoas que fan este labor son profesionais e non están unidas a eles por vencellos afectivos que temos os familiares, mais, aínda engadindo a todo isto unha vocación case sacerdotal, a súa xeira laboral ten que ser esgotadora. Non se trata de cansanzo físico, que tamén.

Con todo respecto, invito a calquera dos artífices da preparación de semellante desatino a pasar un día nun destes centros ou, se quere, unha fin de semana na miña casa. Asegúrolle que o luns non vai ao despacho.

Te puede interesar
Más en Cartas al director