RENDICIóN DE CONTAS

Non é hora pra rasgarse as vestiduras. Non sexamos papanatas, como nos queren facer os responsables do estrepitoso fracaso da candidatura olímpica de Madrid, de aqueles que repiten, agora, aquela proclama de Franco: 'No nos quieren, porque nos envidian'. Ninguén de aqueles iluminados, e a corte mediatica loubadora, foron quén de repostar a divisa da corrupción, dopaxe e crise económica, factores concurrentes na debandita candidatura. Farola da rúa, e penumbra da casa.
Coma ben dixo un membro do COI, Naval El Moutawakel (marroquina medallista olímpica): 'España debe invertir en materias más importantes que los JJOO'. Nembargantes é hora de esixir responsabilidades a aqueles que nos levaron ao fracaso da candidatura de Madrid. Candidatura que tragóu unha enchenta de cartos: construcción dunhas instalacións, cun futuro máis opaco ca pensión de xubilación que magarda, prebendas a algún que outro membro do COI, viaxes, propagandas e máis despilfarros varios. Nun país onde as dimisións son unha entelequia, pedirlle a un presidente do COE, con tres fracasos consecutivos no lombo, e a os políticos que dirixiron tal desfeita, é pedirlle peras ao ulmeiro. Somentes pregarlles que, se teñen un anaco de vergoña, rindan contas de tan nefasta inversión.

Mal exemplo dan istes iluminados do liberalismo, máis dados a mamadeira do Estado, esixindo aos millóns de desempregados do país que sexan 'emprendedores'.

Te puede interesar
Más en Cartas al director