rosita gonzález sarmiento

n n nUn primo irmán meu, Adolfo Rego Pérez, ourensán de nacimento e de exercicio, exfuncionario do Banco Pastor, acaba de perder ao amor da súa vida: Rosita González Sarmiento, ourensán tamén. Esposa fiel e nai que tivo catro fillos: Juan Augusto, Purita, Adolfo y Rosa Mari.
Unha familia coñecidísima e moi querida na nosa cidade, que viviron eiquí ata que fai un tempo marcharon á Ramallosa, Nigrán (Pontevedra). Pois logo dunha enfermidade de moitos anos fóisenos á Casa do Pai. O pesar na familia, nos moitos amigos e ourensáns é meirande.

Imos marchando, os vellos, cara o alén. Ourense vai quedando sen referentes no vecindario. 'Invadíronos' xentes da provincia, e os ourensán de toda unha vida estamos a deixar un vacío que xa non se volverá encher.

Como primo irmán, en nome de toda a nosa familia, que inda somos moitos, o noso sentir e as nosas oracións suben cara o ceo, pra lle pedir ao Creador que acolla a Rosita á súa beira. Pois soio fixo o ben a cantos a coñeceron.

Te puede interesar
Más en Cartas al director