Simulacro de liberdade e igualdade

Caprichos do destino, ou casualidades da vida, coincidiron no tempo o Día dos Dereitos Humáns co funeral de Mandela.
Nesta despedida, mezcláronse os puños en alto do pobo sudafricano coa ansia por saír na foto daqueles que ata non hai moito lle apretaban os grilletes, ou lle colocaban o cartel de terrorista. O final dos actos de homenaxe soarán as sereas anunciando que rematou o simulacro de igualdade e liberdade. Estos escuros gobernantes, pouco ou nada aprenderon de Madiba. O único que anhelan da súa figura é a capacidade de liderazgo e a admiración que desperta en todo o mundo, sen pararse a pensar que eso é tan só consecuencia directa daquelo que eles non practican: o tesón, a forza e valentía que amosou para facer do seu un país máis libre e igualitario.

Así pois, cando os altos cargos abandonen África, o continente volverá a transformarse en calabaza. Seguirano deixando morrer de fame espoliando os seus recursos naturáis, tapando os ollos ante a desesperación e a pobreza, e maltratando aos que intenten fuxir da miseria. Volverá, en fin, á anormal normalidade de ser o continente esquecido. Na viaxe de volta, os documentos destinados a seguir dirixindo con man de ferro as políticas baseadas na desigualdade, en saltarse á torera a Declaración dos Dereitos Humáns, en recluír en cárceres inhumanas a activistas políticos, ou en firmar sentenzas de morte sen que lles temble o pulso, mezclaranse con algunha lista de ilustres invitados a unha gran cea benéfica.

Non escaparemos no noso país a esta marea de hipocresía, falta de respecto, e jeta, porque se manterán as políticas insolidarias e discriminatorias, de coitelas nas fronteiras, de dramáticos recortes na axuda ao desenvolvemento, do apartheid sanitario, e do enterramento da memoria dos perseguidos, torturados e asasinados pola ditadura. Seguirán sen se garantizar ás familias o aceso a bens tan esenciais para a vida como son a auga e a enerxía. E coa caridade por bandeira, e a Lei de Seguridade Cidadá como mordaza ás protestas, tentarán templar conciencias e pechar bocas. Será hora entón de que o pobo che fagamos Madiba, a homenaxe que de verdade mereces, que non é outra que a de recuperar a nosa autoestima como cidadáns, poñendo en valor o teu legado.

Te puede interesar
Más en Cartas al director