¿terán o seu tren?

Malo será.
Os homes xa estaban derriba do cabalo de ferro, tentando domar ao demo que levaba dentro. Armados con machadas, fouciñas, eixadas, rompían portas e ventás, na busca daqueles berros no medio do lume e dos ferros retorcidos. Aquela aldea, unida como a Galia de Asterix, loitaba contra un inimigo inesperado. A dor. O seu fin era salvar a todos os que poderan e no menor tempo posible. Con coraxe e con tenrura. O mesmo levaban ao lombo alguén que non podía andar, que arrolaban no colo a un neno que choraba na procura dos seus pais. -Non chores meu neno-. Entre o xentío destacan elas, uniformadas coas súas batas de cores, tiñan a cea ao lume cando o estourido, levan a brazados todo canto teñen, mantas, auga, sabanas, calor... E todos eles, homes mulleres e nenos, coma un exercito perfectamente coordinados polo corazón, amosáronse ao mundo dando unha mostra de solidariedade sen igual. Son os heroes de Angrois, e non só merecen unha praza , porque alí xa eles van lembrar este día ano tras ano, senón que pido para eles que se lle de o seu nome ao tren que fai a ruta Madrid Ferrol, para que sempre que pare nunha estación, tome a curva da Grandeira, ou a xente suba a el, poida perdurar a lembranza das xentes que salvaron, das que nos deixaron, e do espírito solidario destes heroes anónimos que unha véspera do día grande de Galiza, foron galegos universais mal ao seu pesar. ¿Terán o seu tren? Malo será.

Te puede interesar
Más en Cartas al director