trato inxusto con ervedelo-vistahermosa

Non recibimos o mesmo trato da administracion local, pero para pagar si. En algunhas zonas rurais de Ourense hai zona Wifi, como tamén no centro. Paréceme ben, pero ¿por que uns si e outros non? Os veciños do barrio donde vivo non teñen ese servicio, só os que o contraten con algunha compañía.
Reclamaron e queixáronse moitas veces por molestias das obras da autovía, acceso centro a Ourense, así como os danos que quedaron, donde se destruiron moitos manantiais e pozos de auga. De eso parece que ninguén se acorda xa. Tamén hai varios veciños que se queixaron por ter que poñer motores a presión para poder suministrar auga ás vivendas, debido a que as canalizacións son antiguas e non chega presión de auga, non se arregla nada. Soamente nos acordamos dos veciños cando son as eleccións.

Con isto quero decir que como veciño vexo inxusticias por o trato do goberno muncipal co Barrio de Ervedelo-Vistahermosa, e máis despois de ser un barrio perxudicado desde hai tempo por diversas obras de ben común para a cidade de Ourense, e a xente non olvida as cousas. O que pido e que todos o veciños poidamos ter os mesmos servicios, sin esquecer o lugar que sexa.

Te puede interesar
Más en Cartas al director