A TRISTE REALIDADE DO ORIENTE OURENSÁN

Sóio quero facer pública a miña impresión sobor da política dos concellos rurais do oriente ourensán. Pouca cousa, pois iste foro é o que é.
Os alcaldes e demáis paniaguados só buscan o seu aproveitameito persoal, o seu cholliño, bailándolle os pantalóns o grande xefe provincial por mor de que lle dé un postiño folgado na Deputación, do que poder ir vivindo, aínda a costa de renegar da realidade, enganando ó electorado con fantasmas do que eu chamo mediavais.

'O caso e ir tirando arrimado ó poder, aínda que reneguemos dos veciños e da parentela. Mal negocio. Á larga os caciques desaparecen (Baltar foise) e os seus herdeiros, seino de seguro, non van a ser capaces de manter ás súas herdanzas. Mal negocio para os acérrimos do patrón. Sen amigos e sen dignidade ante os seus.

Te puede interesar
Más en Cartas al director