AS URXENCIAS NO HOSPITAL DE VALDEORRAS

A compañeira médica de urxencias no Hospital Comarcal Valdeorras, ten nome, e chámase Alejandra Gambogge, é Uruguaia, é de carne e oso, e sobre ela e outra colega Pediatra(doutora Cecilia), verterónse estes días informacións recollidas no seu diario os días 22 e 23 deste mes, pero as máis chamativas son as excusas e os motivos aducidos por responsables do Sergas, supoño que do equipo directivo da Área integrada Ourense-Verín-Valdeorras, que distan a 120 quilómetros da capital valdeorresa, O Barco, en donde está ubicado o HCV.
Alejandra, a doutora Gambogge, aparte de boa persoa e compañeira, é unha gran profesional e moi competente, e por suposto co tçotulo de licenciada en Mediciña homologado, e teno a disposición de todo mundo para comprobalo, ¿ou acaso non foi ese o requisito para poder traballar no noso servizo de Urxencias? Que llo pregunten a quén a contratou. Pero a súa vocación e especialidade é a Cardioloxía, e foi quen salvou os mobéis de este servizo no HCV, cando non se dispoñía de cardiólogo.

Xusto é recoñecerlle os méritos, legais por suposto, e como non a súa valia profesional. Hoxe en día xustificase o inxustificable, eso fixeron os responsables do Sergas, é moi fácil tomar decisións, incluso faltando a verdade, e contra o honor das persoas, desde un despacho a centos de quilómetros de O Barco, é a anos luz do que realmente sucede no día a día da asistencia sanitaria o pé do paciente e familiares. Para mín só ten unha explicación e un obxectivo, engordar a nómina de productividade dos directivos, todo legal, non como os supostos sobres do señor Bárcenas.

Ánimo compañeira, a razón está contigo. Sentimos que te teñas que ir, seguro que na túa terra natal terás outro trato. Espero non ser expedientado por esta libre opinión nun medio de comunicación.

Te puede interesar
Más en Cartas al director