VIANA E AS SÚAS XENTES

Viana sempre foi unha bisbarra moi acolledora, tanto a vila como as 54 aldeas que a formaron, hoxe 51, as que faltan foron asulagadas polos encoros. Os vianeses foron bos veciños, un concello de portas abertas. Hoxe as xentes diron un gran xiro, son outros. A política tivo moito que ver debido a que non sabemos respetar as ideas de cada quén. Nunca foi Viana coñecida como debía ser, ten moitos recursos pero ninguén soupo aproveitalos debidamente.
Tampouco foi unha zona conflictiva. Van dez anos sufrimos un penosísimo suceso. Nunca tivemos a nadie por criminal, somentes de lembralo arrepíasenos a ¡ialma! Momentos malos, non saber reaccionar... pero 10 anos de silencio, ¡imperdonable! Estivemos en vilo pensando unhos noutros ¡co viaxeiro que é o maxín! Rapaciños bos, cariñosos, ¡ata guapos!, cunha vida familiar desmembrada. Simplemente tiña que haber comunicado ás autoridades o ocurrido. Nin os marxinamos, nin os olvidamos. ¡Querémosvos ben!

Pra a ausente, sempre presente, o noso agarimo de toda a vida, igualmente para os seus cutadiños país e irmá. Ben sabedes que estamos convosco, que vos queremos e que comprendemos a vosa pena.

Te puede interesar
Más en Cartas al director