Xardín da metamorfose

A verdade que, o marxe do cuestionable gusto estético, tanto do deseñador do proxecto que menos mal que nolo regalou porque se o chega a cobrar..., vaia por Deus! como dos responsables que ordenaron instalalo (‘mimadriña’), chámame a atención que a mensaxe que se trata de facer chegar á cidadanía é o da importancia da reciclaxe.
Xa postos a evanxelizar por qué non dar exemplo recollendo os restos de broza que se amontoan dende varios días nas beiras deste camiño. Hai unhas cousas que van moi ben para esto e se chaman compostadoras. De verdade hai que probalas. En serio, dende este xornal gustaríame pedir un pouco de sentidiño para os nosos dirixentes (tanto para os presentes como para os que poidan vir). E o digo porque precisamente como usuario que son deste paseo chócame que se nos coloque un ‘xardín’ cando o tramo de paseo que vai dende Expourense ata o Polvorín da auténtica lástima. Por certo, me doe especialmente ter que ler que en principio se pensou en colocar o Xardín da metamorfose en Paz Nóvoa, pero claro, como era moi céntrico se desestimou polo grupo de goberno. Moitísimas grazas!!! Non sei como lle imos agardecer que se acordasen de nós para isto. ‘Están locos estos romanos...’.

Te puede interesar
Más en Cartas al director