XAVIER OVIEDO VAI SEGUIR SENDO O ALCALDE DE MACEDA!

A responsabilidade política da situación na que se atopaba o Concello de Maceda fai agora catro anos ten un nome, Partido Popular.
Foi o PP o que tivo practicamente a responsabilidade de governar sempre durante todos istes anos, pero nunca foron quen de ter un proxecto político claro para Maceda, como tampouco foron quen de creer no futuro do Concello nen de traballar por el, e sempre foron ao remolque das circunstancias e a cumprir cos seus compromisos persoais, e a que pase o tempo sin pena nen gloria. Proba do que estou a decir é que o PP só repetiu unha vez candidato, nas eleccións que acabamos de vivir non repetiu ningun dos concelleiros que estaban, e propuxéronlle ser candidato a dez persoas, e tivo que utilizar as artes habituais para convencer o actual candidato que en principio non quería ser, e agora gostaríalle ser a calqueira prezo.

Agora, dende fai catro anos governa o BNG, cun proxecto defenido para Maceda que está executando, cun importe de investimento record e histórico, con ilusión e entusiasmo dos seus responsables, o que deu fruto nos resultados das pasadas eleccións, sendo a forza máis votada e socialmente a máis respaldada, gañando en tres das cinco mesas, e o PP baixou en todas. Parece ser que o PP quedou disgustado, defraudado, insatisfeito, e dende a noite eleitoral xa pagaron co mobiliario urbán e diseñaron unha estratéxia que podiamos chamar PPT -Prepotencia, Presión, Tensión-, que ven a traducirse en que ainda que non gañaron, queren amosar a prepotencia de que poden mudar o resultado, polas boas ou polas malas, facéndolle ofertas con intención de fichaxes aos concelleiros do BNG, á candidata socialista, ou o propio alcalde. E así tocouse nas portas dos electos candidatos, ca arrogancia de ter o poderío dunha marca que é capaz de facer o que sexa con tal de sairse ca súa, o de governar a lista máis votada é para outros casos, o importante é governar, sexa cal sexa o prezo. Así mantense de novo tensión, presión e confusión para demostrar o poderío e capacidade de que ainda que non ganaron siguen controlando. O fín xustifica os medios.

Estas prácticas atentadoras contra a democracia téñense que perseguir e responsabilizar as organizacións que as amparan, ca súa ilegalización, si é preciso. Non si? Xa o fixeron unha vez, creando como din eles un bigoverno e dándolle a Alcaldía a un tránsfuga. O obxetivo, ante a imposibidade de governar no ano 1995, era castigar a Maceda. A min tocoume padecelo, o resultado foi o do trienio máis negro da historia de Maceda, que ainda se están pagando hoxe as consecuencias.

Pero o PP non sabe que non todos somos iguais, que non todos actuamos do mesmo xeito, que tanto os representantes do BNG como do PSOE teñen amosado o interés por Maceda, independentemente das súas pequenas diferencias de actuación, e que son capaces de traballar por Maceda e sempre estarán unidos contra os que practican políticas basadas en chequeiras e maletíns.

Te puede interesar
Más en Cartas al director