A XIMNASIA EN OURENSE

Cando a mentira dun político leva á desilusión dun pai triste, que lembra con nostalxia como un concellal calquera de Deportes de Ourense promete unhas instalacións dignas para a práctica dun deporte e non lle importa incluso pór fecha: setembro de 2011.
Podo entender que ca crise non teña cartos para acometer unha obra de tal 'magnitude', tendo en conta que máis da mitade dos deportistas federados en Galicia pertencen á provincia de Ourense.

Podo entender que no Pavillón dos Remedios se poña calefacción para políticos, autoridades e demáis eventos relacionados con xente 'importante'. Quizais os nosos fillos teñan dereito a conxelarse en inverno ou cocerse no verán, pero tendo en conta que pronto virás a facerte unha foto cos rapaces e rapazas, espero que veñas como están eles, cun pantalón curto e camiseta de sisas.

Para os que non sepan de que estou falando, falo da ximnasia en Ourense. Un dos deportes máis laureados da nosa provincia. Invítote a que veñas a pasar un día e axudes a estes rapaces a montar e desmontar os tapices e aparatos.

Te puede interesar
Más en Cartas al director