celanova

Aberto o prazo de inscripción para participar no Hércules Brass

Esta sexta edición celebrarase entre o 29 de xullo e o 2 de agosto, e traerá a Celanova 13 músicos profesionais que impartirán os cursos de cada especialidade

Celanova volverá acoller unha nova edición do festival Hércules Brass, unha cita que cada ano reúne na vila a músicos de toda España en torno ós instrumentos de vento e metal. Xa está aberto o prazo de inscripción para todos aqueles que desexen participar nas actividades formativas que se desenvolven dentro do programa do certame.

Esta sexta edición celebrarase entre o 29 de xullo e o 2 de agosto, e traerá a Celanova 13 músicos profesionais que impartirán os cursos de cada especialidade. Ó mesmo tempo, tódalas noites do festival haberá un ciclo de concertos que nesta ocasión contarán coa participación de Sar Ensemble, a Banda de Música de Celanova con Fabio Brum, Ensemble Epsilon, a Orquestra de Cámara Galega con Esteban Batallán e o propio quinteto Hércules Brass.n

Te puede interesar