O BNG alerta do abandono a Celanova dos orzamentos

Xosé Manuel Puga, Noelia Currás e Iago Tabarés.
photo_camera Xosé Manuel Puga, Noelia Currás e Iago Tabarés.
O BNG iniciará unha interlocución social nas comarcas da Baixa Limia e Terra de Celanova para darlle unha alternativa de futuro a veciñanza, “un futuro que non lle tocará xestionar ao PP”, dixo o deputado no Parlamento, Iago Tabarés, que onte se desprazou ata Celanova para, acompañado da vicerresponsábel comarcal, Noelia Currás, e o deputado provincial, Xosé Manuel Puga, presentar medidas que reactiven a economía en sectores como infraestruturas, medioambiental, empresarial e turístico tras constatar “un ano máis, que a situación é de total abandono por parte dos gobernos do PP”, dixo Currás

Os nacionalistas trasladaron que os orzamentos da Xunta para o 2024 reducíronse a  construción dun novo centro de saúde en Muíños, “sen previsión orzamentada, e o arranxo da OU-540 no que tampouco se concreta cantidade e se comparte con outra entre Valdeorras e A Gudiña”, trasladou Tabarés, quen siñalou que dita cantidade está moi lonxe dos 14 millóns de euros cos que foi orzamentada a mellora do eixo transfronteirizo no 2009 (anulada no 2014) ou os dez millóns de euros anunciados fai dous anos pola conselleira Ethel Vázquez.

No plano provincial, Xosé Manuel Puga sinalou que se traballa para correxir a infrafinanciación coa que o PP da Deputación dotou historicamente aos concellos do sur e, a pesar do paso dado co plan provincial, considera que é “insuficiente e temos un mes para melloralo”, dixo, cifrando en 25 millóns o orzamento co que debería contar dito plan e que suporía “unha inxección de 3,9 millóns na zona. O concello que menos recibiría superaría os 140.000 euros ao ano, e 430.000 o que máis” dixo Puga.

Te puede interesar