A Casa dos Poetas de Celanova presenta un mes de novembro cargado de actividades

Celanova acollerá un intenso mes de novembro con actividades lúdico-literarias para tódolos públicos na Casa dos Poetas.
Os máis pequenos participarán, os venres deste mes de 17.30 a 19.30 horas, no programa ‘Cinemas dixitais’ que inclúe proxeccións e obradoiros de manualidades inspiradas nas curtametraxes. Por outra banda, a Fundación celanovesa inauguraba esta semana a mostra ‘Estampas dunha romaría’, dentro da programación do Outono Fotográfico. Dende o día 17, o turno será para ‘Asómate’, una colección de imaxes de ventás ou outros elementos arquitectónicos. Os sábados 14 e 28 de novembro celebraránse dous obradoiros femeninos de ‘literatura e creación literaria’ e ‘musicoterapia’. Os universitarios participarán o día 21, no roterio cultural ‘Un paseo pola historia de Galicia’.


Te puede interesar