Castro-Floxo conmemora o aniversario de Raigame

A música, o baile, os artesáns, os xogos tradicionais ou as animacións de rúa serán algúns dos protagonistas do espectáculo que, o grupo de danzas Castro Floxo da Diputación de Ourense representará o vindeiro sábado en Celanova como homenaxe á décima edición da 'Romería Etnográfica Raigame' que, o vindeiro 17 de maio, celebrarase no burgo medieval de Vilanova dos Infantes.
A romería, que conmemora de xeito único a celebración na comunidade do Día das Letras Galegas, contará cunha escenificación que, a partires das 20,30 horas, inundará o Auditorio Municipal Ilduara de Celanova (Amic). 'A representación vai máis aló do taboleiro como espazo físico e haberá momentos para a mistura co público', subliñaban dende a organización.

De entrada gratuita ata completar aforo, a actuación arrancará a media tarde cun pasarrúas pola vila de San Rosendo, facendo un chamamento á festa a tódolos celanovenses. 'Trátase de transmitir en todo momento a atmósfera lúdica e participativa que cada 17 de maio se vive en Vilanova'.

A recuperación e difusión da cultura tradicional galega é un dos obxectivos da Romería Etnográfica Raigame que, desde a súa constitución no ano 2002, trata de desenvolver o Concello de Celanova e o Centro da Cultura Popular Xaquín Lourenzo.

Te puede interesar