Celanova

O Comité identifica unha fosa común no cemiterio celanovés

20210529195946203_resultado
photo_camera O acto público celebrado no Refectorio celanovés. (Foto: Laura Fernández)
O Comité volveu poñer sobre a mesa a súa demanda de eliminación do monumento do Outeiro da Obra

O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova colaborará co Goberno de Asturias, a través da Dirección General de Emigración y Memoria Democrática, na investigación ao respecto dunha fosa común localizada no cemiterio parroquial de San Rosendo na que poderían atoparse os restos de sete asturianos, fusilados en setembro de 1939 por unha unidade militar falanxista. 

Así o anunciou onte o Comité no transcurso da presentación pública do informe sobre o monumento de Outeiro da Obra, coñecido popularmente como o Monte da Cruz. Na fosa poderían estar os restos de sete veciños de Xixón condenados a pena de morte "e executados o 22 de setembro de 1939 a cargo da Bandera de Marruecos, a mesma unidade que mes e medio antes tiña levantado o símbolo franquista", subliñan dende o Comité, que porá toda a documentación a disposición do Instituto de la Memoria Democrática de Asturias.

No acto celebrado no Refectorio celanovés, o Comité volveu poñer sobre a mesa a súa demanda de eliminación do monumento do Outeiro da Obra e reclamou o cumprimento da lei estatal de memoria que contempla a retirada da simboloxía falanxista. Asemade, o colectivo formado por 30 personas comezará nas próximas semanas unha campaña de captación de socios e fondos cos que sufragarán a restauración do Memorial do Furriolo de Xosé Vizoso que o colectivo Arraianos promoveu na Bola. 

O acto pechouse cunha visita ao camposanto da vila, onde depositaron un ramo de flores en lembranza das vítimas.

Te puede interesar