celanova

Completadas las obras de mejora de la variante de Parderrubias

Esta actuación permitiu o acondicionamento do tramo antigo da estrada que conecta Ourense e a fronteira con Portugal (OU-540)

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de mellora da variante de Parderrubias, na estrada OU-540, no Concello da Merca, segundo informou este departamento. Cun investimento de 48.000 euros, a execucións dos traballos "concluíron dous meses e medio antes do inicialmente previsto". As obras se iniciaban o pasado día 2 de maio e dispoñían dun prazo de execución duns catro meses.

Esta actuación permitiu o acondicionamento do tramo antigo da estrada que conecta Ourense e a fronteira con Portugal (OU-540), situado en Parderrubias, á altura do punto quilométrico 12+800, e estendeuse ao longo de 240 metros desta estrada no municipio da Merca. Os traballos consistiron na extensión dunha nova capa de rodadura no treito, así como na execución dunha obra de drenaxe que incluíu a instalación de tubaxe e dunha cuneta de seguridade. 

Te puede interesar