Unha ducia de artistas cantarán o domingo 14 a Curros Enríquez en Celanova

Claustro del monasterio de Celanova un invernal Crepúsculo con los instrumentistas de viento de la banda municipal con su director en medio.
Celanova ofrecerá o concerto  de “Aires d’a miña terra” o vindeiro domingo 14 de maio

Celanova volverá acoller, dous anos despois da súa estrea e sen limitacións sanitarias, o concerto de “Aires d’a miña terra”. A obra composta por Manuel Alejandro López para a primeira edición do proxecto “Emocións” que volverá a soar no claustro barroco do Mosteiro de Celanova o domingo 14 de maio ás 19,00 horas, xunto con outras coñecidas como “Cántiga” ou “O maio”. O evento, que acadara grande éxito na primeira edición, repetirase no mes das Letras Galegas coa participación de máis dunha ducia de artistas e agrupacións colaboradoras, lideradas pola Banda de Música Municipal de Celanova nunha homenaxe á vila de Celanova e  aos diferentes grupos musicais e culturais que dela forman parte.

O concerto, de entrada libre, contará co escritor e artista gráfico Baldo Ramos como  guía e narrador.  A parte musical correrá a cargo da Banda de Celanova, do grupo de gaitas  “Lembranza Solpor” e o gaiteiro José Nabor. Os cantantes Anna Mélikhova (soprano) e Enrique Martínez (tenor) serán os encargados de poñer voz aos versos de Curros xunto coa Coral Solpor, o Coro parroquial “Iuvenes et Pueri cantores” e un coro colaborativo xurdido na primeira edición. 

Nesta ocasión tamén participará o Coro da Escola Municipal de Música de Vigo, que celebra este ano o seu 25 aniversario. O seguinte fin de semana, a representación trasladarase a cidade olívica cun concerto o sábado 20 de maio no auditorio municipal.

Te puede interesar