FIESTA DE 'SINGLES'

Julio Gosende: “Polémica ningunha, foi unha estratexia de márketing para ter máis igualdade”

Julio Gosende es el organizador da “Fiesta de singles”

A controversia suscitada pola publicidade da “Festa de single” do 6 de abril en Celanova, non fixo máis que provocar o interese por esta celebración. Julio Gosende, organizador do evento, transmitía onte as súas desculpas a todas aquelas persoas que se puideron sentir ofendidas polo cartel e polas características da festa, e respectando as manifestacións da concelleira Teresa Barge, -”de todo se aprende”, dixo-, considera que hai “formas e formas” de verbalizar a negativa da institución a un evento e un veciño que leva 16 anos organizando festas na vila.

Que lle parece esta polémica?

Que queres que che diga. Polémica ningunha, foi unha estratexia de márketing. Eu xa o explico no comunicado, na primeira edición tivemos poucas mulleres participantes (124, e 230 homes) e a xente queixánbase. Por iso o fixemos. Se fose ao revés, máis mulleres ca homes, tamén o faríamos. Para que houbera máis igualdade e todos saian namorados.

Eliminará os carteis?

Si queremos chegar as 400 persoas, que é o propósito este ano, temos que facer publicidade. Non estamos para tirar cartos. Este ano van quedar así. Como pediu o Concello, non se colocarán máis carteis nas rúas de Celanova, pero ninguén me pode dicir que os saque dunha páxina web. Isto é unha asociación sen ánimo de lucro é isto faise para que a xente se divirta, para pasalo ben e  botar unas risas, que xa hai bastante xente amargada no mundo. E que se coñeza Celanova! O 90% da xente que veu o ano pasado non coñecía Celanova.

Esta controversia, aille mudar as perspectivas de facer cousas no pobo?

Levo 16 anos facendo a Feira da Oportunidade, que empecei un Xoves Santo e mira o que é hoxe. Dáche mal ‘rollo’, non te sentes arroupado, querido, por dicilo dalgunha maneira… que lle vou facer! Ti fas as  cousas coa mellor intención do mundo. Volvo a repetir, eu non teño restaurantes, nin hoteis, eu fago isto porque me gusta, porque coñezo xente, porque me vai este ‘rollo’. 

Con respecto a festa, cales son as expectativas?

A xente está moi animada, hai moitas persoas que están soas. As expectativas son moi boas, penso que imos superar as persoas do ano pasado. A día de hoxe hai 180 apuntadas e, é curioso, máis da metade son de fóra de Galicia: Zamora, Salamanca… Non sei se é pola polémica, pero estou sorprendido pola xente que está chamando.

Te puede interesar