CELANOVA

Novo cheo na visita teatral polo mosteiro de Celanova

A Noite dos tempos visita monasterio Celanova

28-12-15
photo_camera Comienzo de la visita teatralizada, en las inmediaciones de la capilla de San MIguel.

Participaron 50 persoas en cada pase, que era o aforo máximo establecido 

 As novas visitas teatralizadas que se organizaron onte no mosteiro de San Salvador, en Celanova, constituiron un novo éxito de participacion. Os dous pases que se fixeron, ás 20,30 horas e as 22,00 horas tiveron completos o seu aforo, que se estableceu nun máximo de 50 personas. A visita, que se desenvolveu baixo o título "A noite dos tempos", constitúe un percorrido polos segredos de San Rosendo e estivo organizado pola Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova.


Os percorridos teatralizados polo mosteiro teñen a súa orixe no segundo obradoiro de xestión turística e cultural que se celebrou na vila e un grupo de alumnos do mesmo son os protagonistas da representación. As visitas nocturnas teatralizadas ó mosteiro prantéxanse como un novo xeito de promoción turística, ofrecendo ós visitantes unha forma diferente de coñecer o edificio en sí, o claustro barroco e a igrexa. Segundo fontes da organización, "téntase aproximar aos visitantes a como vivían os monxes no seu momento e á luz dos cirios. 


As representacións de onte correron a cargo, unha vez máis, dos alumnos do obradoiro, que seguen un guión que eles mesmos elaboraron a partir las nocións basicos establecidas no obradoiro e que conforman un percorrido pola historia do mosteiro ata a desamortización.


O percorrido comezou pola capela de San Miguel, como a orixe do mosteiro, para continuar cunha procesión polo claustro barroco á luz dos cirios, para pasar despois ó refectorio e á cociña do mosteiro e rematar nop coro da igrexa e o retablo, abordando aspectos da súa construcción.
En cada unha das visitas participaron un total de 50 persoas, o aforo máximo establecido, que pagaron cinco euros para disfrutar sas mesmas.

Te puede interesar