Un novo festival avivou o pulo do grupo Solpor

A música e o baile tradicional, capitaneados por Lembranza Solpor, encheron Celanova

A Praza Maior de Celanova vibrou na noite do sábado coa exhibición que fixeron catro agrupacións de baile e música tradicional no primeiro Festival Lembranza Ibérica Solpor.

Os membros da agrupación anfitrioa, Lembranza Solpor, foron os encargados de pechar unha gala que contou coa participación dos veciños Rebulir de Ramirás, Inquedanzas de Pazos de Rei (Tui) e os asturianos da Banda de Gaitas Mariño Tapiega. Un cartel que deixou o nivel moi alto e que, público e participantes, esperan que teña continuidade no 2024. Os festexos arrancaron o xoves coa participación das agrupacións da vila e incluíron pasarrúas, obradoiro e foliada.

Te puede interesar