TURISMO

A oficina de turismo de Celanova volver a abrir os domingos e festivos

contará cunha persoa de apoio entre o 15 de xuño e o 15 de setembro, en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia

A Oficina de Turismo de Celanova volverá abrir ó público durante os domingos pola mañá, así como festivos, completando deste xeito a oferta de servizos para unha demanda turística que está crecendo dun xeito moi evidente nos últimos meses e coordinando estas visitas co servizo de atención ó visitante que ofrece a Fundación Curros Enríquez dende a Casa dos Poetas e dende a torre de Vilanova dos Infantes.

En virtude do convenio de colaboración asinado entre o Concello de Celanova e a Fundación Curros Enríquez, a Oficina de Turismo e a Casa dos poetas teñen coordinado os horarios para poder atender a demanda turística, non só do Mosteiro de San Rosendo e da Casa dos Poetas, senón tamén do conxunto urbano de Vilanova dos Infantes e do conxunto arqueolóxico de Castromao, durante tódolos días da semana, agás os luns.

O acompañamento ofrécese tanto para estes puntos referenciais xa mencionados, como para un paseo polo conxunto urbano a través dos poetas de Celanova, a torre de Vilanova dos Infantes ou a cova do San Vivián.

Ademais, dada a suspensión de transporte escolar que tivo lugar a semana pasada e que obrigou ós centros escolares que estaban inscritos para a primeira xornada, a suspender a primeira sesión de Concertos que estaba prevista para ese día, mañá terá lugar a sesión inicial desta temporada, durante a que está previsto que se acheguen a coñecer e tocar co órgano monumental de Celanova arredor de 1.500 alumnos e alumnas de todo Galicia.

Por medio do convenio marco de colaboración entre o Concello de Celanova e o Centro Integrado de Formación profesional A Farixa, durante estes meses nos que dure a celebración dos Concertos Didácticos de órgano, unha alumna do grao de “Guía, información e asistencia turística” realizará prácticas formativas, colaborando co servizo de guía da oficina de turismo na atención ós visitantes en Xeral e dun xeito particular ós centros escoalres que se acheguen a Celanova para participar nos concertos didácticos e coñecer os outros recursos turísticos locais.

Te puede interesar