PREMIO

Ogando Zas: ‘No damos lo que nos sobra, sino lo que tenemos'

Celanova. 06-09-15. Provincia. Premio casa dos Poetas en Celanova. Na foto Roberto Ogando recibindo o premio
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Roberto Ogando, entre Ferro y Miranda, co galardón, recibindo os aplausos dos asistentes.

O presidente da Unión Orensana de La Habana recolleu o premio "Celanova, casa dos poetas"

Ourense e La Habana volveron a estreitar os lazos que as unen. O escenario escollido foi Celanova, a terra natal do autor de "Aires da miña terra" e de outros ilustres poetas como Celso Emilio Ferreiro. A Fundación Curros Enríquez decidiu por unanimidade outorgar este ano o seu XXXI premio "Celanova, casa dos poetas" a Centro Unión Orensana de La Habana, que no ano 1927 mercou por 16.000 pesetas dous terzos da vivenda familiar dos Curros Enríquez. "Nosotros no teníamos previsto en este veinte aniversario esta actividad ni sabíamos que existía. Abrimos un día Internet y apareció la noticia", comentaba o presidente do Centro Unión Orensana de La Habana, Roberto Ogando Zas, que viaxou dende Cuba para recibir o galardón.

Roberto Ogando tamén quixo lembrar a solidariedad dos creadores da sociedade que el agora preside. "Vengo a recibir este reconocimiento no solo en nombre de los actuales asociados sino de los que fundaron esta sociedad en 1909 en condiciones muy difíciles. El dinero que se mandó para acá no era el que sobraba. Nuestros padres y abuelos nos enseñaron a compartir lo poco que tenemos. Esta es la verdadera solidaridad. No damos lo que nos sobra sino a compartir lo que tenemos", comentaba.

A HORTA DA PALABRA

A entrega do premio, unha medalla de prata de Acisclo Manzano e un diploma, tivo lugar na Horta da Palabra da Casa dos Poetas e estivo presidida polo alcalde de Celanova, Luis Ferro e o Secretario Xeral de Emigración, Antonio Rodríguez de Miranda. Este último tamén fixo fincapé no papel dos emigrantes galegos no futuro de Galicia. "Foi grazas á emigración como a Galiza máis rural puido gozar daquelas escolas de indianos, construidas e mantidas cos cartos e coa suor das mulleres e homes da terra á milleiros de quilómetros" .

Miranda tamén sinalou que non o facían porque lle sobrasen os cartos senón porque querían compartir o pouco que tiñan cós que aquí deixaban. "Grazas a eles moitos dos rapazes e, sobre toda rapazas, das zonas ruraris aprenderon algo que ahora parece tan natural como é ler ou escribir", comentaba. A música cubana non puido faltar na xornada de onte. Estivo ao cargo do quinteto Son Real, un grupo creado en Vigo no 2011 e que introduciu con éxito aos asistentes no ambiente dunha forma melódica interpretando pezas clásicas como o bolero "Dos gardenias"., que introducía aos asistentes du

Como é habitual, a primeira parte da cerimonia consistiu nunha ofrenda floral diante do monumento adicado a Celso Emilio no que diversos persoeiros da vida política e veciños se deron cita as 11.30 horas. O alcalde de Celanova, Luis Ferro, tras dedicar o seu pesar ás víctimas do accidente do rally de A Coruña, deu a benvida a tódolos los asistentes e invitounos a disfrutar da xornada. "Celanova, polo seu mandato do fundador Rosendo, é unha vila hospitalaria, acolledora. Así no lo deixou dito él e así tratamos os seus seguidores de seguir fancendo. Por iso, espero que vos sintades agusto unha vez máis en Celanova", comentaba.

Tras colocarse un centro fronte do busto do poeta, Paulo, Breixo e Sabela, do obradorio de teatro de Celanova, encargáronse de amenizar o evento recitando catro poemas, entre os que destaca "Moi lonxe", de Celso Emilio. O tradicional cortexo ata a Casa dos Poetas estivo acompañado coa actuación musical da banda de gaitas de Celanova.

Cuba acaparou tódalas miradas durante o día de onte. Foi a terra de acollida a finais do XIX e principios do XX para o poeta celanovés Celso Emilio e para moito galegos que decidiron emigrar. A día de hoxe, na illa hai hai uns 11.087 ourensanos e só 88 deles naceron na provincia de Ourense. Os demais son fillos e netos de galegos.

Xa fora do programa, o presidente da Unión Ourensana de La Habana aproveitou a ocasión para anunciar que nos vindeiros días visitará a Deputación para facer entrega duns diplomas nos que se explica cal é a finalidade da sua sociedade.

Te puede interesar