La Región

ELECCIONS MUNICIPAIS

O Partido Popular de Celanova renova a maioría da súa lista

Co peche das listas de PP e BNGson dúas as candidaturas completadas para as eleccións municipais en Celanova

O Partido Popular de Celanova renova a maioría da súa lista

O PP de Celanova presentou a lista coa que concorre ás eleccións municipais, unha candidatura na que o actual alcalde, José Luis Ferro, optou por renovar a grande maioría dos nomes cos que se presentou ás eleccións de 2015. Deste xeito, desaparecen persoas que levaban varios mandatos vinculadas ó grupo de goberno. Os 23 nomes que presentan os populares, 13 candidatos a concelleiros e 10 suplentes, acadan unha media de idade de 42 anos e presentan perfís profesionais moi variados. 

Co peche da lista do PP para as municipais do 26 de maio, son xa dúas as candidaturas completas para a alcaldía de Celanova que se coñecen, posto que o BNG anunciou a pasada semana os nomes cos que concorrerá.

Pola súa banda, o PSOE nomeou xa ó número 3 da lista, que será o médico Álvaro de Castro, antigo concelleiro socialista de Entrimo. Aínda falta por coñecer os outros 10 nomes da lista. O mesmo ocorre con Espazo Común, do que polo de agora se coñecen só dous membros.