O burgo medieval celanovés recibiu a milleiros de visitantes de toda Galicia na celebración máis viva da xornada das letras

Raigame recupera para Vilanova a esencia das antigas romerías galegas

Os grupos de baile e música tradicional -na imaxe na praza da rúa da Igrexa- conquistaron ós visitantes da 'XI Romería Etnográfica Raigame' celebrada onte en Vilanova. (Foto: MARCOS ATRIO)
Os antigos oficios e tradicións voltaron onte á actualidade para festexar, no burgo medieval de Vilanova dos Infantes, a 'XI Romería Entográfica Raigame'. Ao longo de toda a soleada xornada, miles de visitantes se achegaron ata as Terras de Celanova para disfrutar da esencia das vellas romerías de finais do século XIX e comezos do XX, onde non faltou nin o crego nin a parella da Garda Civil.
A mostra-exposición de oleiros, zapateiros, palilleiras, canteiros ou cesteiros -este ano agrupados por gremios nas diferentes prazas- ralentizou o paseo polas pétreas e empinadas rúas onde tamén se agochaban danzantes, cantareiras e gaiteiros achegados dende diferentes puntos da provincia. Os retratos nos canastros ao pe da Torre, a subida o seu alto e a visita á musealizada adega de San Vivián marcaron o roteiro de moitos turistas, mentres os fieis da celebración disfrutaron da mañá 'chiquiteando' ao compás das cantareiras ou dos músicos que puxeron voz ós versos dos nósos poetas.

Captando a historia, a cultura e a rica tradición galega deambularon tamén por Vilanova varios centos de artistas e profesionais da imaxe, interesados en participar no certame fotográfico convocado pola organización. Raigame, a esencia mais viva do noso patrimonio etnográfico no Día das Letras, celebrou onte a súa primeira edición como Festa de Interese Turístico de Galicia. Unha declaración que moitos aproveitaron para festexar ata ven entrada a noite, nos recunchos e tabernas sitos nos baixos e bodegas cedidas polos veciños, sen os cales sería imposible esta celebración.

Te puede interesar