Rebulir abre o prazo do certame IdentificARTE

Celanova

A Asociación Rebulir convoca o segundo certame IdentificARTE que ten como obxecto destacar a cultura, gastronomía, historia, arquitectura, natureza o costumes da contorna do Val do Tuño, na comarca de Terra de Celanova. 

Tras o éxito de participación na primeira edición, os creativos do Val de Ramirás están novamente chamados a facer as súas propostas artísticas no eido da fotografía, artes plásticas -categoría que engloba debuxos, pinturas, deseños gráficos e outras expresións artísticas-, literatura (narrativa, poesía, ensaio), e unha cuarta categoría para aquelas propostas emprendedoras de intervención comunitaria.

Aquelas persoas que estean interesadas en participar xa poden enviar os seus traballos ata o 24 de setembro a través do correo electrónico [email protected], establecendo o xurado tres premios únicos que se valorarán entre todas as categorías, así coma un accésit infantil (menores de 14 anos). 

Te puede interesar