O río Ourille acolle na Bola un espectáculo de música e maxia

O Concello de A Bola, integrado no territorio da Reserva da Biosfera do Área de Allariz, será o escenario, o vindeiro domingo a partires das 16,30 horas, das actuacións para tódolos públicos enmarcadas no programa 'Camiños de Cultura' da Consellería de Cultura e Turismo. A actuación de maxia de Cyrile Sinclair, co espectáculo 'Maxia nunha maleta', abrirá as 16,30 horas a cita veraniega cunha proposta que dende a organización definen como 'interactiva, divertida, fresca e asombrosa'.
Dende as seis da tarde o turno será para a agrupación musical 'As Dúas', co espectáculo 'Viaxe con voz de acordeón'. O concerto constará de dúas partes, tendo sempre coma fío conductor o son do acordeón, presente na música tradicional galega e de prácticamente toda Europa e gran parte de América.

Te puede interesar