Rueda visita obras do seu departamento en Cartelle

O Concello de Cartelle foi galardoado co segundo premio Coopera de Entidades Locais

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, estivo onte no Concello de Cartelle, onde visitou obras que está a desenvolver o seu departamento. Acompañado pola alcaldesa, Carmen Leyte, e a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, Rueda revisiou os traballos realizados na pavimentación e posta en valor das rúas de acceso á praza do Toxal, uns traballos que recibiron unha axuda de 30.000 euros.

No transcurso da visita, o vicepresidente da Xunta lembrou que nos últimos anos o Concello tamén recibiu axudas para rehabilitar a praza na que se ubican o consistorio, o centro de saúde e a biblioteca. Desde o ano 2009 a Vicepresidencia da Xunta outorgou axudas a este Concello, directamente ou a través da colaboración con outras institucións, por un valor próximo aos 450.000 euros.

O Concello de Cartelle foi galardoado co segundo premio Coopera de Entidades Locais, no marco da Mancomunidade Terra de Celanova, pola implantación do servizo de fisioterapia e podoloxía no programa de Axuda no Fogar.

Te puede interesar