San Benito con polbo e porco ao espeto en Cartelle

Un momento da procesión do San Benito de inverno.
photo_camera Un momento da procesión do San Benito de inverno.
A axenda inclúe tres días de festa con música variada, actividades para os cativos e cita gastronómica

A parroquia de Cartelle celebra esta fin de semana as festas na honra de San Benito, unhas concurridas celebracións que, coincidindo co tempo estival, logran reunir a centos de veciños e familiares que pasan as súas vacacións neste concello para gozar dunhos días de diversión, reencontros e moita troula.

A programación das festas, organizada pola Asociación Cultural Deportiva Cartelle, da comezo hoxe, venres, día 7, coa actuación da orquestra Los Satélites e o dúo Ángel América, dous míticos da verbena galega que porán en pé de baile a todos aqueles que se acheguen ata o campo da festa. 

O sábado, día 8, ten aos pequenos da casa como incuestionables protagonistas. Así, organizáronse aactividades como obradoiros, festa da  auga, actuación do Mago Albert… e un agasallo sorpresa para cada un dos participantes. Tamén pola tarde, a charanga CLK porá os acordes musicais antes de dar paso a cea popular. Unha cea na que, por 20€, os comensais degustarán un menú composto por pulpo, porco ao espeto, pan, sobremesa e bebidas. Aqueles que desexen asistir, o prazo pecha hoxe, venres, ata un límite de 300 asistentes. Os tickets poden adquirirse no Bar Santi de Cartelle e no Café A Loureira de Sande, así como a través das redes sociais das festas (san.benito2023). Os asistentes tamén levarán un recordo desta xuntanza que, seguindo datos doutros anos superará as 250 persoas compartindo mesa, mantel, boa conversa e ganas de festa.

Tras a cea, toca sesión verbena amenizada pola artista galega Pili Pampín e o grupo Claxxon que prolongarán  a festa ata ben entrada a madrugada.

O día 11, día de san Benito, ás 11,30 horas terá lugar a procesión do santo acompañado da Banda de Música de Celanova e, a continuación, ás 12,00 horas oficiarase a eucaristía. Ao remate, sesión vermú co acompañamento da mesma banda de música. 

Tito Taín, membro da A.C.D. Cartelle, comenta que, como cada ano, “entre todos os integrantes da comisión tentamos crear unha axenda de festas variada que guste a toda a xente. Desde a música de banda, ata a máis festeira, pasando polos grandes clásicos galegos que este ano están representados por Pili Pampín e Ángel América”. 

Dende a organización tampouco se esquecen dos máis pequenos, o futuro do concello. “Para que os nenos se reencontren e pasen unha tarde en grande, preparamos unha serie de obradoiros e xogos cos que de seguro o van pasar en grande. Ademais, todos eles levarán un detalle pola súa participación”.

Celebracións populares durante todo o ano para os veciños

A Asociación Cultural Deportiva Cartelle encargada de organizar estas festas de San Benito levan meses traballando na programación festiva para que os veciños gocen da celebración. Grazas o esforzo de Tito, Jaime, Anabel, Ángel, Noelia, Elena, Héctor, Manolo “Tranga”, Alejandro, Diego Seijo e David, lograron xuntar o orzamento coa colaboración voluntaria de todos os veciños e as aportacións de diferentes empresas. A entidade tamén se encarga de organizar ao longo do ano diferentes eventos e xuntanzas para facer posible que os veciños se unan e desfruten da boa compañía e convicencia que reina na localidade. Así, tamén poñen en marcha a celebración de San Benito de inverno, o tradicional magosto ou a cea de fin de tempada do equipo de fútbol de Cartelle aberta a todo aquel que queira participar, entre outras. Citas que se converten en boas excusas para desfrutar da festa e a confraternización.

Te puede interesar