Todas as actividades da XIX Romaría Etnográfica Raigame

photo_camera Anuncio da romaría.
Consulta a programación desta nova edición da que está considerada como Festa de Galicia de Interese Turístico.

A celebración da Romaría Etnográfica Raigame regresa un ano máis a Vilanova dos Infantes (Celanova) este 17 de maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, tras converterse nun referente desde aquel 2002 no que se levou a cabo a súa primeira edición.

Entre as actividades desta Festa de Galicia de Interese Turístico, que ofrece iniciativas do máis diverso, destacan propostas teatrais e musicais e numerosas proxeccións e exposicións.

Para que non perdas detalle, neste artículo podes repasar toda a súa programación. Esta edición está adicada aos médicos rurais, contando ademais cunha exposición central que foi posible grazas á colaboración do Museo do Médico Rural de Maceda.

Haberá arredor de 70 postos, entre artesanía e gastronomía. Ademais, non nos podemos esquecer da nova convocatoria dos concursos de fotografía, microvídeos e investigación etnográfica, con arredor de 2.500 euros en premios en xogo. 

Mapa de actividades (fai click para ampliar)

Mapa con la ubicación espaciotemporal de las actividades.
Mapa coa ubicación espaciotemporal das actividades.

Cabe destacar as actividades de teatro na Praza do Castelo, con contacontos ás 12,00 e 17,00 horas, cantares de cego ás 12,30 e 18,00 horas e monicreques ás 13,30 e 18,30 horas. 

En canto ás visitas guiadas, haberá á torre (de 11,00 e 19,00 horas), á adega do S.Vivián (tamén de 11,00 a 19,00 horas) e a toda a contorna de Celanova ás 12,30 e 17,30, con inscrición previa no Posto de Información. 

Outras das actividades princiapis son as demostracións de traballos con animais de tracción e arreios que se levarán a cabo nos campos da Igrexa ás 11,15, 13,00 e 17,30 horas e a exhibición de manexo de xuntas de bois ás 12,00, 17,00 e 18,00 horas; así como a proxección de documentais no Cine Carlos Velo.

No que respecta ao transporte a Vilanova, está disposta unha liña continua para conectar a romaría coa Praza Maior de Celanova de 11,00 a 14,30 e de 16,30 a 20,00.

Proyecciones.
Proyecciones.

Te puede interesar