CELANOVA

A vila apadriña o peche do ano adicado a Díaz Castro

photo_camera lfonso Blanco, Pilar Regueiro, Armando Requeixo, José Luis Ferro, Anxo Lorenzo, Luis González Tosar e Valentín García, onte en Celanova.

A clausura da mostra "Nimbos de luz" foi o colofón das actividades programadas sobre poeta lucense 

Berce de grandes poetas, Celanova apadriñou onte un máis no transcurso da clausura da exposición itinerante "Nimbos de luz", que este ano percorreu Galicia en homenaxe a Xosé María Díaz Castro, a quen a Real Academia Galega lle adicou as Letras Galegas de 2014. O Auditorio Ilduara da localidade albergou unha emotiva despedida ao intenso ano cargado de exposicións e actividades de divulgación (reedicións, webs, audiovisuais...) que permitiron reivindicar a obra do poeta e tradutor de Guitiriz "corta, pero de calidade", asegurabaAnxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura que, conxuntamente co seu homólogo de Política Lingüística, Valentín García, presidiron o acto.

"Foi un ano marabilloso, sobre todo polo impacto que tivo, porque penso que a súa función estaba algo abandonada, e pola resposta dos mozos: dín que pasan de todo, pero na visita á exposición demostraron que non é así, que teñen gañas de coñecer as súas raíces", apuntou Alfonso Blanco, un dos coordinadores da mostra, conxuntamente con Luis González Tosar e Armando Requeixo.

Precisamente sobre as súas vinculacións coa provincia versou a intervención deste último, que destacou "a raiceira ourensana de Díaz Castro, por afinidade, por querencia e pola xente de aquí", asegurou Requeixo en referencia ás amizades cos celanoveses Celso Emilio Ferreiro e Xosé Luis Méndez Ferrín, Otero Pedrayo ou Ben Cho Sey, "que conseguiu que se prestase a recitar en público en Madrid", recordaba Armando Requeixo.

Reivindicando os lazos de Díaz Castro coa "ourensanía", González Tosar relatou o "paralelismo profundo" entre o poeta lucense e Manuel Curros Enríquez, "dous poetas negros que tiveron un transcorrer verdadeiramente penoso", en referencia ó seu percorrido vital.

Durante o acto de clausura da exposición, que contou coa presenza do alcalde celanovés José Luis Ferro e a concelleira Pilar Regueiro, Lorenzo anunciou que a mostra regresará a Guitiriz o próximo ano 2015 para a súa exposición permanente na Casa Habaneira, trala firma dun convenio con aquel Concello.

Te puede interesar