A bolboretiña do día | Ameixas e mexillóns

undefined
nnnAos mexillóns só lles falta ser máis caros para ser máis apreciados. E si, mexillón, con elle, aínda que por ultracorrección e facendo unha falsa regra de tres elle do castelán, ele no galego (tipo pollo>polo, olla> ola, argolla>argola) pois mejillón, “mexilón”, e non: mexillón. Tamén naturalmente pegadas ás rocas están as ostras, as nosas ou as “francesas”, máis alongadas e menos finas. Curioso como o adxectivo “francés” fala sempre de mariscos de inferior calidade, boi, centola, nécora, langosta, ostras.  Por certo, que o mexillón pequeno, que se apaña nas rocas como semente chámalle “mexilla”, e a palabra está relacionada con outra, ameixa, que seica vén do latín pero “tocada” polo árabe que lle puxo o artigo “al” reducido logo entre nós a a- aínda que en castelán segue como “almeja”. E desta ameixa producimos e consumimos varias castes: a fina, a babosa, a rubia, a xaponesa... Van de máis cara a máis barata. Por certo, que a xaponesa é a que máis se produce (2.700 toneladas) e que máis cartos deixa. Lonxe disto está a ameixa-froita (de aí o apelido ameixeira, como pereira ou mazaira) que en castelán se chama “ciruela” porque parece que ten a casca con cera por riba, como medio encerada.

Te puede interesar