A bolboretiña do día | Bazucas

undefined
Na actual guerra de Putin contra o mundo, en Ucraína, unha arma que está moi de moda é esa que os norteamericanos bautizaron cando naceu, en 1942, como, “bazooka” e así se chama en todas as lingua do mundo, adaptando grafías. Estaba daquela de moda a palabra por un instrumento musical dun humorista, Bob Burns: un tubo gordo do que saían sonidos graves. Agora chámanlle ás netas daquelas armas doutras formas, cando son o mesmo: un tubo que leva un soldado co que zorrega bombas contra tanques ou o que se poña por diante. Supoño que o esquecemento da palabra vén de que os xornalistas son moi novos, a II Guerra Mundial queda lonxe, igual ca os chicles. Si, para os lectores de idade respectable, os “Bazocas” serán sempre, tamén, uns chicles redondos, divididos en tres capas cos que se facían globos enormes que ao toupar facían moito ruido e, ás veces, enzoufabas a cara. De aí lles veu o nome. Seica.

Te puede interesar