Arte et alia

O mosteiro de Oseira e “Quérote Canto”

Eva e Baldo co Irmán Pascual, tralo premio o pasado 12 de xuño.
photo_camera Eva e Baldo co Irmán Pascual, tralo premio o pasado 12 de xuño.

Foron para escribir dende o silencio, entre a calma dos amplos cuartos da hospedería monástica, afastándose do barullo que arrodea as súas vidas, dos compromisos cotiás, do ruído do tráfico... Aqueles días de agosto, Eva Veiga Torres (Ombre-Pontedeume, 1961) e Baldomero Fernández Ramos (Celanova, 1971), afastándose das cidades nas que viven, fixeron triduo dentro deles no mosteiro de Oseira. Falaron, apenas, nos breves tempos do comedor, cos outros hóspedes, cos que compartiron os oficios no fondo do coro, espazo no que os monxes acollen a presenza laica arredor dos salmos e o dos seus ritos de oración. Alí ían, Eva e Baldo, a medio día, hora sexta, a vésperas, cara as sete, e principalmente completas, trala cea, pasadas as nove. E tralo canto da Salve e trala bendición dos que van morrer esa noite, e dos presentes, comeza do toque da campá o tempo do descanso. “Enmudezca la campana y que nos hable el silencio”, dixolle Graham Greene a Leopoldo Durán nunha das súas breves estadías. No libro lese, “un pardalO invisible, de Xavier Cuiñas, na capa do libro.JPG_web aprisionado / entre a noite e o canto / devorado polo Gran Silencio”, que ecoa no outro “entre o canto /e o cristal /sen abertura ao día /exacta a noite no alto /(comezo do Gran Silencio)”. Un calar, para “deixarse oír polo silencio / avanzar a contraluz”, envoltos en silencio, mais con liberdade para moverse polos espazos do gran mosteiro e absorber... Dende o hospedeiro coñecen outros monxes, o P. Plácido, faro da comunidade como primeiro Abade dende o século XIX; Pascual Abalo, bibliotecario que devece pola poesía, dos da Isolina de Rianxo, que navega neste océano cisterciense. Aos dous dedícanlle poemas. Chámalles a atención o preciso dos rituais, as curuxas, morcegos, pardais e andoriñas que “esquecen para que ti durmas”, con Novoneyra presente. E tamén a fonte cadrada de lados semicirculares. E as “catro columnas de videira sosteñen a bóveda / circular da noite”, alusión transcendida da antiga sala capitular baixa, na que “as palmeiras torcen o seu tronco / á fin de soportar / un eterno ceo de pedra”. Con eles achegámonos ao que denominan cemiterio dos abades, por máis que os seus corpos mortais repousen baixo cruces iguais de mirtos, todos monxes, e sen o buxo que mencionan, que daría outra perspectiva. Mais foron quen de facer “un mundo habitable nas palabras / un mundo compartido que foi trazado / por dúas mans que non se tocan”. As de Eva e Baldo para escribir este libro premiado co Losada Diéguez.

“O INVISIBLE” DE CUIÑAS

Para portada do libro escolleron esta obra, que vimos na exposición “Liña de flotación”, inaugurada fai dous anos na Sala municipal José Ángel Valente, ante unha gran concorrencia, entre a que se atopaban máis de vinte artistas, que visibilizaban unha realidade… Para ela Baldo gababa no catálogo a “arquitecturas do baleiro” do artista ourensá Xavier Cuiñas Montero (n. 1956). A peza é unha nasa tecida con arames, de formas rítmicas e lixeiras, con bolas de madeira suspendidas no entorno do borde superior. “Le poète est celui qui inspire bien plus que celui qui est inspiré”, dixo Paul Eluard. Como eles...

Te puede interesar