CARREIRAS POPULARES

Correndo por Ourense busca seguir crecendo na súa sexta edición

OURENSE. 05.04.2016 CONCELLO, PRESENTACION CARRERA CORRENDO X OURENSE. FOTO: MIGUEL ANGEL
photo_camera Presentación de Correndo por Ourense, este martes no Concello. (MIGUEL ÁNGEL)

O certame chegou en 2015 aos 1.466 participantes, 480 mulleres e 986 homes

O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense organiza unha nova edición do circuito de carreiras populares “Correndo por Ourense”. O concelleiro de Deportes, Mario Guede, e a coordinadora Marta Míguez presentaron esta martes este certame, busca "convidar a veciños e veciñas de Ourense de todas as idades a desfrutar do deporte correndo polos barrios da nosa cidade, de xeito lúdico ou competitivo", sinalaron na presentación. O certame chega en 2016 á súa sexta edición, tras aumentar de ano en ano o seu número de participantes: 1.466 en 2015 (480 mulleres e 986 homes). Parte da recadación obtida polas cotas de inscrición de 2015 (785 euros) foi donada a Autismo Ourense.

O circuito está formado por 6 probas, todas en horario de mañá, a partir das 12,00h, agás a do Couto, que será nocturna (22,00h):

Domingo, 24 de abril, coa Carreira do Vinteún

Sábado, 21 de maio, a Carreira do Couto, que será nocturna

Domingo, 26 de xuño, a Carreira do Centro

Domingo, 4 de setembro, a Carreira da zona universitaria

Domingo, 25 de setembro, a Carreira da Ponte

Domingo, 23 de outubro, a Carreira da Carballeira

Te puede interesar